06/06/2014 Presentación “A Pasaxe”

O vindeiro venres 6 de Xuño ás 20h na Casa da Fariña convidamosvos á presentación do audiovisual ‘A Pasaxe’.

Sinopse:

Concepción e Rosi, dúas mulleres veciñas do poboado xitano de Ponte Pasaxe deciden,  xunto cos seus fillos, emprender un camiño que as levará a unha nova vida. Unha historia que amosa a realidade que se vive nos asentamentos chabolistas da Coruña, narrada en viva voz por dúas nais con ganas de sacar adiante as súas familias, demostrando que  a mellor maneira para experimentar unha transformación social é a insistencia e a ilusión por vivir.

Dirección: X. López (Chispón)

Realización e montaxe: X. López (Chispón) e Raquel Rei

Este audiovisual forma parte da liña de Educación para o Desenvolvemento que Arquitectos Sen Fronteiras desenvolve dentro do Programa de Inclusión Social da poboación dos asentamentos chabolistas da Coruña. Dito programa desenvólvese en catro áreas diferentes de intervención coordinadas entre si: educación, saúde, traballo e habitabilidade nas que se traballa para mellorar as condicións de vida destas persoas.

IMG_0903

IMG_0905

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s