Xoves 12 xuño
20:00 horas n’A Casa da Fariña.
organiza: Fugaemrede
O México rebelde hoxe: A Escuelita Zapatista
Fernando Marcelín e Serxio Regos, activistas de Fuga Em Rede (Colectivo galego de acción global http://fugaemrede.info/), partillarán nun coloquio a súa experiencia na Escuelita Zapatista en Chiapas. Tamén teremos a oportunidade de facer unha conexión con México para falar con Luis Ramírez Trejo que nos presentará o proxecto Literario-Fotográfico “La Piel del Desierto”.