A casa da Fariña, ademais dun lugar aberto ao barrio e á cidade onde se organizan actividades divulgativas e formativas (polas que pode que xa a coñezas), tamén é un espazo de traballo no que diferentes persoas vimos desenvolvendo a nosa actividade profesional dende hai algúns anos. Sitúase na praza de Azcárraga (tradicionalmente praza da Fariña), fermoso e senlleiro lugar no centro da Cidade Vella.
Consta dunha sala principal, onde se atopan os postos de traballo e a zona de reunións (equipada con proxector e biblioteca), e mais dun espazo auxiliar (destinado a reprografía, café e almacén), e un aseo.
>Na actualidade hai postos de traballo dispoñibles, polo que se tes interese en traballar aqui, non dubides en contactar. A oferta é a seguinte:
- Posto de traballo media xornada: 75€/mes
- Posto de traballo xornada completa: 130€/mes
O posto de traballo inclúe o uso de internet (wifi ou cable), baño, office e sala reunións e proxeccións. Os gastos comúns do local (auga, electricidade, internet) tamen están incluídos. O posto ten unha dimensión de 140×80, con baldas de almacenamento superiores.
Podes contactar aqui:
- Praza Azcarraga nº6 baixo. 15001 A Coruña
- telefono 881 888 259
- correo electrónico acasadafarinha@gmail.com
>Na actualidade están traballando na casa da Fariña:
- Hábitat Social, S.Coop. Galega
- Oja-arquitectura
E pasaron por aqui:
- Esther – tradutora
- Andres Nistal – arquitecto
- Ana Gallego – arquitecta
- arqtesanía – construción natural