A Casa da Fariña é un espazo aberto á comunidade.
Cunha lóxica de mestura de usos e aproveitamento máximo dos recursos dispoñibles, combina a actividade laboral nunha parte do día coa sociocultural noutra.
Nace coa vontade de ser un polo máis de acción e pensamento na cidade, un lugar de referencia para os movementos sociais así como para a cultura e a arte que non atopan o percorrido desexable nos circuítos oficiais existentes.
Palestras, exposicións, presentacións, proxeccións, debates, etc. teñen cabida nesta casa a proposta de calquera colectivo ou persoa, atendendo ó criterio de fomento do ben común.
Podes contactar aqui:
Praza Azcarraga nº6 baixo. 15001 A Coruña
telefono 881 888 259
correo electrónico acasadafarinha@gmail.com