O venres 17 de abril, ás 20h, na Casa da Fariña.
Aldea Lúdica.
Deseño Xerativo para Sistemas Urbáns.
O prototipo de “Rede Imaxinaria”
Alberto (@cerojugadores) proponnos unha residencia para investigar o deseño urbán e as relacións sociáis, dende unha perspectiva moi singular unha aproximación combinada ao marco teórico-práctico do deseño xerativo para os sistemas urbáns. Con isto preténdese pór en valor a incorporación de lóxicas de computación no proceso da arquitectura, non só como unha ampliación do campo de datos obxectivos, senón tamén como cuestionamento das distintas xerarquías latentes dende a secuencia do deseño, á participación social ou os difusos límites da nosa relación coa máquina. Aldea Lúdica (http://aldealudica.cerojugadores.com/) é un eufemismo un tanto provocativo para revertir, se cabe, os parámetros de control aos que hoxe en día se ve sometida a cidade. Poden nos server as Ciencias da Computación, a Teoría de Xogos, o Deseño paramétrico e outras metodoloxías de xestión e xeración de información como sistema de aprendizaxe para o deseño da cidade? Poden liberarnos e empoderarnos socialmente como ferramentas de visualización da información sobre as que despois tomar decisións máis xustificadas e participativas? Finalmente veremos unn prototipo de aplicación da ferramenta ao caso de Rede Imaxinaria (http://rede.imaxinaria.org) para analizar e visualizar as relacións entre nodos, persoas e recursos nun caso práctico.
Máis información:
Aldea Lúdica: http://aldealudica.cerojugadores.com/
Rede Imaxinaria: http://rede.imaxinaria.org