05/02/2014 Presentación “Entrementr3s”

Data: martes 5 febreiro de 2014

hora: 20:00h

Presentación “Entrementr3s, ensaios para unha nova cultura política” editorial Corsarias

O mércores 5 de febreiro ás 20:00 horas presense na o libro colectivo “Entrementr3s. Ensaios para unha nova cultura política”. O acto contará cas intervencións do activista social Antón Gomez-Reino “Tone”, do alcalde de Teo Martiño Noriega, do editor do presente libro – xunto con Daniel Salgado – Manuel M. Barreiro e do responsábel da editorial Pepe Árias.

No libro tamén colaboran Mar Blanco Casais, Xavier Carriba, Antón Dobao, Rafa do Pico, Brais Fernández, Xurxo Martínez González, David Rodríguez, Manoel Santos, Xaime Subiela e Raimundo Viejo Viñas.

“Entrementres o vello non fina e o novo aínda non dá nacido vaise rozando –como adiantou Antonio Gramsci– un terreo no que se verifican os fenómenos morbosos máis diversos. Porén, tamén é o intre en que se abren espazos para o ensaio de iniciativas políticas e propostas organizativas que discuten e intentan subverter a orde de cousas (aínda) existente. E fano cunha radicalidade e unha urxencia noutrora impensable, impracticable. Na discordancia de tempos da crise actuamos. A factoría das ideas emancipadoras teima por dar forma ao novo mentres no campo material prolifera a mestizaxe entre innovadores e caducos dispositivos de organización e relación política, a dacabalo entre a ruptura e a acomodación. Manuel Sacristán advertíao con dureza e lucidez extrema, xa contra o final da súa vida militante: o novo constrúese a partir do vello. Nese campo de batalla, onde a dialéctica non se estabelece a partir de idades biolóxicas senón a forza de atención ao real, xógase a viabilidade dunha esquerda política radical capaz de se enfrontar ao seu propio tempo.” Do limiar de Manuel M. Barreiro & Dani Salgado”

“A esquerda ten unha responsabilidade histórica. No corazón da treboada perfecta, establecer dinámicas de cooperación entre organizacións rupturistas e de esquerda das nacións periféricas do Estado español e de esquerda federal e confederal que respecta o dereito de autodeterminación dos pobos é unha cuestión de supervivencia. Abrir esa cooperación á construcción de vasos comunicantes cos movementos sociais, algo indispensable. Esta acumulación de forzas pode resultar determinante nun futuro próximo. Non debemos equivocar o inimigo, porque o inimigo non se equivoca connosco” Dun dos textos do libro

IMG_0280

IMG_0278

IMG_0282

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s