Data: venres 13 decembro de 2013
hora: 20:00h
Este Venres 13 ás 20:00 temos a sorte de acoller a Alejandro González desde Sevilla, que nos falará do traballo da Asociación Arquitectura e Compromiso Social.Arquitectura e Compromiso Social é unha asociación sevillana que traballa desde fai preto de 20 anos en distintos temas asociados coa arquitectura social como a intervención na docencia universitaria, a investigación e a intervención urbanística ou a cooperación internacional en proxectos de axuda ao desenvolvemento (entre outros). Alejandro González, arquitecto membro desta asociación, presentaránola a través da narración de dous proxectos da mesma (e as dúas publicacións que as recollen): unha investigación urbanística sobre os efectos da migración na contorna urbana, máis concretamente no Distrito Macarena de Sevilla e un concurso de arquitectura de reutilización en código aberto para crear e/ou equipar experiencias xurdidas dos movementos sociais urbanos.
Segregación y convivencia en los barrios del Distrito de Macarena (Sevilla)
Caja de Herramientas
ver publicación en issuu