data: Xoves 5 decembro de 2013
hora: 18:00 – 21:00
Arquitecturas Colectivas é unha rede difusa de colectivos e persoas, que traballa na transformación participada, social e sostible (sostibilidade no seu sentido máis amplo) do espazo e do hábitat, moitas veces con ferramentas que cuestionan os dispositivos habituais que proveen as administracións públicas.
Unha das ferramentas máis importantes que posúe a plataforma é a súa páxina web (http://arquitecturascolectivas.net/), que serve para difundir os proxectos da rede e os seus nodos e que debería servir para posibilitar, así como axilizar o traballo en común. Esta foi recentemente actualizada con ese obxectivo en mente, grazas a un proceso de crowdfunding aberto en Goteo e dentro das convocatorias de Capital Rego da Universidade Internacional de Andalucía.
A idea deste taller é organizar unha sesión de traballo conxunta e guiada onde aprenderemos a manexar as principais ferramentas da web de Arquitecturas Colectivas, así como recompilar retroacción para mellorar a propia web a través dos participantes e as súas impresións sobre esta.
Esquema do taller:
– Aspectos básicos necesarios para interactuar coa ferramenta web [dúas horas]
· Creación de usuari*s (ou actualización de usuari*s antigos).
· Creación de colectivos (nodos da rede).
· Creación de espazos colectivos de traballo.
· Creación de contidos.
– Actualizar a web con contidos da rede de Arquitecturas Colectivas en Galiza [unha hora]
Usarase como guía de referencia o seguinte material:
http://arquitecturascolectivas.net/herramientas/grupos/guia-para-usar-a-web-v10
A quen lle pode interesar o taller:
a xente que queira contribuír á rede de Arquitecturas Colectivas (e que comparta os seus valores e maneiras de facer).
Necesidades:
un portátil para traballar, polo menos por cada dous persoas.
Pingback: integralcorunha.org | 04/12/2013 Obradoiro pr